sábado, 1 de junio de 2024

OBRADOIROS CON CHARO PITA

Charo Pita é escritora, narradora oral, actriz e cantante, e veu ao noso cole a impartir uns obradoiros de narración oral.

Coa ESO e 5º e 6º de Primaria, Charo deunos as claves para unha boa lectura en voz alta: postura, respiración, pausas, vocalización...e o máis importante, o sorriso! 😄😄

E pasamos á acción: interpretamos o texto de A sopa queima, de Pablo Albo, e traballamos a expresión das emocións e a proxección da voz.

Con 2º e 3º de Primaria, falounos das palabras, da súa historia, da súa xeografía...e deunos unha súper idea para un programa de radio, Xeografía Máxica, inspirado nas lendas!

E en Infantil, engaiolounos coa súa fantástica maneira de contar os contos!  

Moitas grazas, Charo, por compartir con nós tantos recursos!

Neste vídeo podedes ver un resumo da xornada!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

SANDRA LODI NO NOSO COLE!

Sandra Lodi, ilustradora e muralista lucense, estivo no noso cole pintando un mural inspirado na obra doutro ilustrador galego, Chichi Campo...