domingo, 5 de julio de 2026

OBRADOIRO DE POESÍA CO DARÍO

No mes de xuño sempre nos acordamos do noso poeta de "cabeceira", Darío Xohán Cabana!

E este curso argallamos escribir poesía cos máis pequenos empregando versos de Darío!

O resultado foi moi fermoso!


TEATRO NO CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA

Nesta obriña de teatro pretendemos recoller todo o contido traballado no proxecto Competencial neste curso: o quecemento global, a obsolescencia programada, o teatro de paula carballeira (Carabela) e o coidado do Planeta...

O alumnado da ESO estivo investigou, leu e fixo teatro! 


martes, 12 de mayo de 2026

PODCAST DAS LETRAS GALEGAS "PENÉLOPE EN RADIO CASTAÑA"

Queredes coñecer mellor á autora das Letras Galegas?

Non vos perdades esta entrevista! Aprenderedes moitas cousiñas sobre Begoña Caamaño!

Un podcast realizado polo alumnado de 1º de ESO! E premiado no VII Concurso de Podcast-Radio na Biblio! Parabéns!

  

sábado, 21 de marzo de 2026

AS AVES DE ROSALÍA


No Día de Rosalía pasamos por Radio Castaña a recitar os seus poemas.
Escollemos aqueles versos nos que aparecen nomes de aves: merlos, pombas, anduriñas, xílgaros...
Desfrutade deste recital tan fermoso do noso alumnado! Viva a poesía! Viva Rosalía!


jueves, 3 de julio de 2025

O LOBO NOS ANCARES

Isa, Mario e Patricia, alumnado de 4º da ESO, presentan o seu último podcast no noso cole!
Trátase dun debate sobre a convivencia das ganderías de Cervantes co lobo. 
Para preparar este programa, o alumnado investigou sobre a presenza do lobo nos Ancares, as medidas de protección coas que contan as ganderías e as axudas que hai ao respecto. Logo formularon diferentes tipos de argumentos, a favor ou en contra das medidas adoptadas pola administración para a protección do lobo e dos intereses dos nosos gandeiros e gandeiras.
Este podcast é un exercicio de Lingua Castelá, Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia! E foi realizado para o proxecta de Mestres Gandeiros!
Moita sorte ao noso alumnado de 4º da ESO que comeza unha nova etapa da súa andaina vital e académica! E lembrádenos sempre!

OBRADOIRO DE POESÍA CO DARÍO

No mes de xuño sempre nos acordamos do noso poeta de "cabeceira", Darío Xohán Cabana! E este curso argallamos escribir poesía cos ...