domingo, 14 de abril de 2024

COÑECENDO E COLABORANDO COA ONG CROMOSOMOSX

No noso cole estamos cun proxecto de aprendizaxe-servizo moi especial!

A nosa profe de Bioloxía, Sara, é colaboradora dunha ONG, CromosomosX, que traballa  pola erradicación da pobreza e dos tabúes na menstruación. Imparten obradoiros en educación menstrual para quen non ten acceso, e distribúen produtos menstruales para quen non pode pagalos. 

O noso alumnado estivo investigando sobre o traballo desta ONG, e preparou esta entrevista sorpresa.

Moitas grazas, Sara, especialmente polo teu traballo nesta ONG, que fai que moitas nenas poidan ir á escola tamén os días que teñen a regla, e moitas grazas por todo o que nos contas nesta entrevista!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NA HORTA!

Chegou a primavera! Tempo de flores, tempo de traballo na nosa horta! Esta semana tocou plantar as leitugas con Zoe, Ulla e Martina da aula ...