domingo, 10 de marzo de 2024

ARTUR TRILLO COA FURGOTECA!

A Furgoteca cumple un ano! Parabéns, Paula! Nós tamén estamos de celebración, como non pode ser doutro xeito, levamos un ano desfrutando da túa compaña!

Cada mes esperamos con moito entusiasmo a túa visita! E si, é certo, que nós tamén temos unha biblio ben bonitiña, pero a furgoteca sempre nos trae máis novidades, máis recomendacións, máis propostas e máis  actividades, sempre interesantes e divertidas! 

E polo teu cumple trouxéchesnos outro súper agasallo! A actuación de Artur Trillo, de Talía Teatro, unha adaptación do espectáculo Rosa Caramelo.

Moitas grazas, Paula! E moitas grazas, Artur! Encantounos o teu espectáculo! E xa comezamos a ler o teu novo libro, Voa, voa!

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O LOBO NOS ANCARES

Isa, Mario e Patricia, alumnado de 4º da ESO, presentan o seu último podcast no noso cole! Trátase dun debate sobre a convivencia das gander...