miércoles, 14 de febrero de 2024

LUISA VILLALTA

Que ganas tiñamos de coñecer mellor a esta escritora!

Comezamos en xaneiro, da man de Eli Ríos, coautora, xunto coa escritora Beatriz Maceda e coa ilustradora Laura Suárez, de ALMA DE VIOLINO, un álbum ilustrado que nos fala da escritora galega á que lle dedicamos as Letras Galegas este ano, Luisa Villalta. 

Eli Ríos presentounos a Luisa Villalta, contounos pedaciños da súa vida e das súas inquedanzas, do que inspiraba as súas obras, e da importancia que estas teñen para as nosas letras.     

E en febreiro, viñeron "Polo correo do vento", e deixáronnos unha fermosa ilustración da escritora, e faláronnos da súas inesquecibles pegadas na historia da nosa cultura, da nosa literatura e da nosa xente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NA HORTA!

Chegou a primavera! Tempo de flores, tempo de traballo na nosa horta! Esta semana tocou plantar as leitugas con Zoe, Ulla e Martina da aula ...