lunes, 11 de diciembre de 2023

PROFESOR 10 DE MATES, COA FURGOTECA!

No mes de novembro, coa furgoteca, veu Sergio, o profesor 10 de mates, e ademais de presentar o seu libro:  Libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas, fixo unha chea de sorprendentes experimentos. E o máis interesante de todo foi como nos deixou participar, tocar, argallar, descubrir...experimentar!

Moitas grazas, Sergio! Foi moi agradable coñecerte!

E moitas grazas tamén a Paula, a nosa bibliotecaria máis querida, que sempre nos fai partícipes de todas as súas propostas! Segue contando con nós sempre, por favor!!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NA HORTA!

Chegou a primavera! Tempo de flores, tempo de traballo na nosa horta! Esta semana tocou plantar as leitugas con Zoe, Ulla e Martina da aula ...