miércoles, 25 de octubre de 2023

ROTEIRO LITERARIO "O MISTERIO DE PORTOMARÍN"

 E por fin, puidemos ir a Portomarín, e tivemos un día fermosísimo!

O alumnado de 4º da ESO preparou o roteiro literario sobre o libro de Antía Yáñez, e levounos por todos os recantos desta intrigante historia.

E o mellor de todo foi coñecer a vila coa compaña de Roberto Rodríguez, un veciño de Portomarín, apaixonado da súa historia!

Presentámosvos o guión do roteiro literario e un vídeo sobre esta xornada.


  

ROTEIRO LITERARIO PORTOMARÍN

(No río)

DAVID

Eu vou facer de Antón! Son o que máis cabeza ten (xa teño 13 anos), o máis vello dos irmáns…Cando miña nai me trouxo a portomarín, enfadeime moito, menos mal que apareceu un misterio que resolver!

UXÍA

Eu son Sabela, teño 12 anos, e, segundo meu iremán son moi repugnante e malhumorada, pero isto non é certo, Antón é un envidioso! E víñenlle moi ben para resolver o misterio do óso!

 LAURA

O óso atopouno Viernes, o cadeliño que atopei eu!! Eu son Carola,  pequeniña da familia. E a que menos lata da, seica!

 NATALIA

Eu son Iria, teño 10 anos, e son moi importante nesta historia, son a que da a cara ao final! Grazas a min queda ben clariño todo o que pasou!

 DAVID

O Misterio de Portomarín comeza no vello Portomarín. Que é o que vedes aquí! Coñecedes a historia desta vila?

 UXÍA

Le o fragmento da páxina 82.

LAURA

A señora Carmiña agora explica quen foi Franco! Pero a persoa que máis nos interesa a nós vai ser un tal D.Marcelino…Quen é este home?

A señora Carmiña conta que é un hóspede que ven todos os veráns no mes de agosto.

 NATALIA

Pero…neste verán ven en xullo!! Por que será?? Terá algo que ver con esta noticia?? Na que nós somos protagonistas, por certo!

Le o fragmento da páxina 62

 (Na escalinata)

UXÍA

Nesta escalinata os cinco investigadores desta historia pasamos moito medo! Era de noite, e un home andaba a argallar naquela casa onde venres atopara o óso!

Case nos ve! Tivemos que subir os chanzos de dous en dous!

(Subimos a escaleira a todo correr)

DAVID

E sabedes quen era ese home??  Preguntádelle é estrela, ela ten a resposta!!

(Xogo de búsqueda na estrela)

 (Na igrexa)

LAURA

Nesta igrexa atopamos algo moi importante para resolver o misterio…

Le a páxina 114

NATALIA

Siiii! Aquí falamos co cura, e conseguimos acceder ao rexistro de hóspedes que había na casa na que venres a topou o óso…e atopan una fotografía…e a partir de aquí precipítanse os acontecementos! E descubrimos…ah!! O que queira saber máis vai ter que ler este libro!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O LOBO NOS ANCARES

Isa, Mario e Patricia, alumnado de 4º da ESO, presentan o seu último podcast no noso cole! Trátase dun debate sobre a convivencia das gander...