Plan de Rescate foi a proposta para o noso club en 2º de ESO, e foi todo un acerto, pois o noso alumnado recomendouno en canto tivo ocasión: "é divertido", comentou Natalia, "é impredecible, mantente intrigada ata o final", díxonos Uxía...e onte tivemos a sorte de ter un encontro coa súa autora, Antía Yáñez.
Moitas grazas, Antía, por este encontro. Grazas por compartir con nós como é o proceso de creación dunha novela, por contarnos porque decidiches que a aventura se desenvolvera nunha escola, e por elixir como protagonistas da túa historia ao alumnado dunha aula de apoio.
Xa estamos desexando ler outro dos teus libros, O misterio de Portomarín!
No hay comentarios:
Publicar un comentario