Este xoves tivemos a primeira xuntanza de "Os tres rallois", o noso club de lectura.
Tres bichicomas, dúas illas e unha serea de Rosa Aneiros é a nosa proposta, unha lectura que nos levará a falar de temas que están, tristemente, de actualidade.
A través da mirada dunha nena e dous nenos atopámonos cunha realidade que, ao primeiro, asusta, porque a descoñecemos, pero segundo nos imos arrimando, dámonos conta do doado que pode ser comprender outras vidas e botar unha man.
Nesta historia entrecrúzanse diálogos entre diferentes culturas e entre xeracións distantes, enlazadas por un mesmo sentimento, o amor pola vida.
Vai dar moito de si este libro, e iso que nos parecía sinxelo cando comezamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario