Hoxe, por fin, despois de varios aprazamentos por pandemias ou choivas torrenciais, fixemos o roteiro da vía XIX, unha das "autovías" da época romana, e desde a que puidemos ver a casa chamada "Pazo de Vilarello ou de Saavedra", que seica é a mesma á que se fai referencia na novela morisca do "cautivo", que aparece intercalada na primeira parte do Quixote.
Aquí vos deixamos o texto que elaborou e escenificou o alumnado da ESO para darnos a coñecer a historia que da fama a Vilarello e ao seu pazo.
Noraboa ao noso alumnado, que fixo unha exposición ben fermosa!
E moitas grazas aos profes colaboradores! Foi unha delicia de roteiro!
NATALIA: (Chama a atención do auditorio tocando unha campaíña ou
algo similar)
Nenos, nenas, profesores,
profesoras…escoitádeme, por favor! Vedes
aquela casa grande que se ve ao lonxe? Dícese que esa casa, coñecida como o
pazo de Vilarello da Igrexa, é o berce do escritor máis famoso da literatura en
lingua castelá, que non é outro que Don Miguel de Cervantes Saavedra. E sabedes
por que? Porque nunha das historias que se recolle na obra de Don Quixote
fálase deste lugar. O protagonista desa historia é un cautivo que conta que naceu
nunha aldea que se atopa nestas montañas.
MARIO (MIGUEL DE CERVANTES): (Sae á escena ataviado cunha gorguera)
Eh! Espera, Natalia, eu pódoche
axudar a contar esta historia, porque coñezo ao autor do que falas.
Efectivamente, Miguel de Cervantes apelídase Saavedra, e esa casa que vemos ao
lonxe, disque pertencía a unha familia que tamén se apelidaba Saavedra. E en
Galicia este apelido é moi frecuente , e tamén aparece en algúns topónimos.
E a historia do cautivo ten
algunas coincidencias coa vida de Miguel de Cervantes, como que estivo preso en
Arxel.
LARA (ZORAIDA):
Pois eu coñezo á protagonista da
historia do cautivo, resulta que foi unha muller a que conseguiu que este preso
fora liberado e que puidera voltar a estas terras. Esa muller chámase Zoraida,
e tiña moita riqueza, namorouse do cautivo e conseguiu facerlle chegar o ouro
que precisou para mercar a súa liberdade.
ALEJANDRA (CRISTIÁ CAUTIVA):
E sabedes porque Zoraida puxo
tanto interés en liberar a un cabaleiro cristián? Pois porque unha das súas
criadas déulle a coñecer a cultura cristiá, e despertou en Zoraida os desexos de
coñecer outros lugares e outra relixión.
AARÓN (RENEGADO):
Si, si…Zoraida puxo o diñeiro, e
a cautiva cristiá, o interese…pero foi un renegado o que conseguiu a barca e a
tripulación para saír de Arxel e volver a España. Un renegado era un moro que
quería ser cristián, e axudaba aos cristiáns cautivos para que o levaran con
eles. E este case o consegue.
ADRIÁN (PAI DE ZORAIDA):
Pois eu coñezo ao pai de
Zoraida…buf! Canto se enfadou cando descubriu que a súa filla fuxía cun cautivo
cristián! Verdade, Uxía?
UXÍA (PASTOR):
Si, e case fai fracasar os planes
de Zoraida e o cautivo! Pero, finalmente, chegaron ás costas de España, e o primeiro que
os viu foi un pastor que case morre co susto, porque pensou que o atacaban os
moros!
SARA (FINAL DA HISTORIA):
Pero, como todas as boas
historias, esta tivo un final feliz, e Zoraida e o cautivo, o capitán Ruy Pérez
de Biedma, chegaron sans e salvos ás terras de Cervantes, a casa natal do
cabaleiro, esta que vemos.
E coñecemos esta historia porque
o capitán e Zoraida toparon nunha venta con Don Quixote e Sancho e pasaron un
cacho ben agradable contando a súas aventuras e desventuras.
Que gran equipo e que boa escenificación... Xa se tarda en repetir!
ResponderEliminar