Neste curso, e coa colaboración da profesora de Bioloxía, Sara Noelia Pereira Costa, recomendamos dous libros que nos parecen imprescindibles para coñecer os nosos corpos.
"La regla mola" é un libro dirixido, especialmente, a todas as rapazas que acaban de ter a súa primeira regra, que as axudará a vivir estes cambios con confianza e benestar.
E "Hablemos de vaginas" é un libro de saúde femenina, que desde a nosa biblioteca aconsellamos a nais e profesoras, que nos pode aportar ferramentas para coñecernos mellor, para saber que necesitamos en cada etapa da vida e para desmitificar aspectos sobre a nosa sexualidade
Así mesmo, Sara realizou, sobre estas temáticas, uns obradoiros dirixidos ao alumnado que tiveron moi boa acollida.
Grazas, Sara!
No hay comentarios:
Publicar un comentario